div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

‘O máis viral’, unha nova proposta de humor e entretemento arredor das redes sociais

Presentado por Alba Mancebo, o espazo achegará curiosidades e retos virais, coa colaboración no estudio de Marcos López, Carla Núñez, Jazmín Abuín e Perico Balado

 

crtvg.gal 07/05/2025 03:53

TVG estrea ‘O máis viral’, un novo espazo de entretemento e humor cos contidos máis curiosos e virais de Internet. A presentadora, Alba Mancebo, xunto cos colaboradores Marcos López, Carla Núñez, Jazmín Abuín e Perico Balado, comentan as selección de vídeos das redes sociais, proban os trebellos máis curioso á venda na rede, fan os retos virais do momento e elaboran ‘memes’ adaptados á realidade galega.

A primeira entrega deste mércores (22:45 h) contén catro bloques temáticos: vídeos de nenas e nenos galegos, vídeos de xente adormecendo, vídeos de gatos e vídeos relacionados con teléfonos móbiles.

'O + viral' sairá á rúa para preguntarlle á xente que eliminarían se estivesen obrigados a facelo: o sexo, o churrasco ou a verbena. Ademais, os colaboradores fan un xogo viral intentando adiviñar famosos, e todo culmina cun reto final en que teñen que escoller entre lamber un doce ou un desodorizante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade