div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Os crononautas' reviven hoxe As Revoltas Irmandiñas, a maior rebelión popular da historia de Galicia

Trisha Fernández e David Vilares viaxan ao século XV para reconstruír o levantamento que levou a milleiros de galegos a organizarse contra os abusos da nobreza 

csag.gal 22/10/2026 00:01

Santiago, 22.10.2026.-   ‘Os crononautas’ (22:45 h) viaxan esta semana á Galicia do século XV para asistir á maior revolta popular da historia galega: ‘As Revoltas Irmandiñas’. Castelos que parecían inexpugnables acabaron convertidos en cascallos e milleiros de campesiños uniron forzas contra a nobreza. 

Conducidos por Trisha Fernández e David Vilares, os espectadores coñecerán como campesiños, artesáns e habitantes de vilas enteiras se organizaron contra os abusos da nobreza nun levantamento que derrubou castelos por toda Galicia. Descubrirase como un pobo enteiro foi capaz de poñer contra as cordas os señores feudais.

En plena Idade Media, ‘Os crononautas’ partirán dos antecedentes da Revolta, onde conflitos e abusos, como o dereito de pernada, sobre as mulleres dos vasalos, foron parte do combustible que alimentou as revoltas. Coñecerase o señor que provocou a primeira revolta, falarase do poder dos Andrade, do levantamento do pobo, dos símbolos irmandiños e de curiosidades dunha revolución organizada e singular no contexto europeo.

Trisha e David amosarán nesta entrega como milleiros de galegos decidiron pararlles os pés aos señores feudais nun episodio tan violento como revolucionario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade