'Os gardiáns do mar' asistirá este domingo ao rescate dun regatista francés en augas de Malpica - CRTVG
'Os gardiáns do mar' asistirá este domingo ao rescate dun regatista francés en augas de Malpica
Ademais, o programa (22:55 h) patrullará o mar da Coruña co Servizo Marítimo da Garda Civil e a ría de Arousa cos axentes de Vixilancia Aduaneira

Santiago, 27.04.2025.- Na entrega deste domingo de ‘Os gardiáns do mar’, os espectadores da Televisión de Galicia vivirán con tensión e esperanza un rescate en augas de Malpica. O equipo de Salvamento Marítimo loitará por salvar a vida de un regatista francés que naufragou co seu veleiro.
E patrullando o mar da Coruña estará o Servizo Marítimo da Garda Civil, que non dubidará a hora de facer cumprir a lei. As inspeccións a pesqueiros poñerán a proba as medidas de seguridade, o tipo de capturas e as condicións laborais da tripulación.
Xa na escuridade da ría de Arousa, o programa acompañará os axentes de Vixilancia Audaneira para controlar os movementos sospeitosos na costa. E na fronteira con Portugal, os axentes de Garda Costas controlarán que o marisco e o peixe que se transporta cumpra coa normativa.