div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Palmira Lará' viaxa ao País Vasco na busca de emigrados que manteñan a tradición galega na diáspora

Miguel Lesta e Leticia Rei coñecerán un mestre  de gaita en Trintxerpe, e visitarán o museo da música popular Soinuenea de Oiartzun

csag.gal 22/06/2026 00:01

Santiago, 22.6.2026.-    Viaxe, memoria e identidade cultural mesturaranse hoxe nunha nova entrega de ‘Palmira Lará’ (22:50 h), o programa da TVG que acompaña a Miguel Lesta e Leticia Rei no seu percorrido para recoller cancións, bailes e historias transmitidas de xeración en xeración.

Nesa ocasión, viaxarán ao País Vasco na busca de emigrados que manteñan a tradición galega na diáspora. Alí coñecerán a Manuel, mestre de gaita en Trintxerpe, e visitarán o museo da música popular Soinuenea de Oiartzun.

Ademais, con Manolo, que marchou de Silleda a Caracas e despois a Hernani, Miguel e Leticia van aprender como a música é unha das mellores formas de estar sempre na casa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade