'Somos animais' intentará hoxe axudar a dous cans con problemas de adaptación - CSAG
'Somos animais' intentará hoxe axudar a dous cans con problemas de adaptación
Un deles amosa traumas dunha vida pasada e ten medo a todo, mentres que a outra cambiou o campo pola cidade e cada paseo pola rúa é un drama

Santiago, 19.3.2026.- Este xoves, en ‘Somos Animais’ (22:40 h), o presentador do programa, Hugo Cabaleiro, fará equipo con Xiana, unha veterinaria especializada en comportamento animal, para intentar axudar a Lanas. Este can foi adoptado e trouxo canda el varios traumas que fan que non poida nin subir ao coche sen enfermar. Ten medo á xente e á cidade e necesita aprender a vivir en sociedade e adaptarse á vida dos seus donos.
Pola súa parte, Jorge, o experto do programa, tampouco o vai ter doado na Coruña, a onde acudirá para coñecer a Zalika, unha cadela que deixou a aldea pola cidade e agora cada paseo é un drama e bótase enriba de todos os cans que atopa.