'Somos animais' terá que empregarse a fondo este xoves cunha poldra brava que non se deixa montar - CSAG
'Somos animais' terá que empregarse a fondo este xoves cunha poldra brava que non se deixa montar
Tampouco será doada a intervención cun pastor alemán moi reactivo coas persoas e con outros cans, e que non dubida en atacar ante calquera imprevisto

Santiago, 7.5.2026.- ‘Somos animais’ (22:40 h) contará este semana de novo coa participación de Irene, a experta en cabalos do programa, para coñecer a Rajhnia. Esta egua, unha poldra frisoa de catro anos, é moi brava e non se deixa montar, polo que se vai ter que empregar a fondo.
Quen tampouco o vai ter doado é Jorge con Káiser, pois este pastor alemán é moi reactivo coas persoas e cos outros cans, e non dubida en atacar ante calquera imprevisto. Ese pastor alemán chegou á casa dos seus donos con moitos medos e, a pesar de que mellorou moito a súa reactividade, aínda lle custa xestionar a situación cando se sente acurralado en espazos pequenos.