div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A G2 e AGalega.gal retransmiten en directo este xoves o decisivo Oliveirense-Liceo da Champions de hóckey a patíns

O equipo coruñés precisa polo menos un empate para entrar na final a oito do torneo europeo    

csag.gal 15/04/2026 17:20

Santiago, 15.04.2026.-    A segunda canle da Televisión de Galicia e a plataforma AGalega.gal ofrecerán este xoves a retransmisión en directo do U. D. Oliveirense-Deportivo Liceo, partido correspondente á última xornada da fase de grupos da WSE Champions League de hóckey sobre patíns. O encontro disputarase no Pavilhão Municipal de Oliveira de Azeméis a partir das 20:30 h.

O conxunto verde e branco chega a este derradeiro partido coa clasificación nas súas propias mans. O Liceo acumula 13 puntos no Grupo B, polo que lle abonda cun empate para certificar o seu pase á Final a Oito. Mesmo perdendo podería clasificarse dependendo dos outros resultados, pero a vitoria ou o empate resolverían a entrada entre os oitos mellores do continente.

O Oliveirense necesita a vitoria e deberá agardar que outros resultados lle favorezan para seguir na competición. Con 10 puntos, debe superar o Liceo e que o Barcelos non sume. A formación lusa conta no seu cadro de xogadores co exliceísta Bruno Di Benedetto, sen dúbida o que pode marcar a diferenza sobre a cancha durante os 50 minutos de xogo.

O Liceo atravesa un momento de forma óptimo na OK Liga española, onde lidera a competición. Na pasada xornada, os verde e brancos impuxéronse ao Caldes por 3-0 e consolidaron o liderado con 56 puntos, dous de diferenza respecto ao Barça, que marcha segundo. O Oliveirense, pola súa parte, non atravesa o seu mellor momento no campionato luso, onde Porto, Benfica e Spórting dominan a clasificación.

O Liceo e o Oliveirense xa se mediron na primeira xornada desta fase de grupos, cun triunfo dos coruñeses por 3-2 en Riazor. As dúas escuadras teñen un historial competitivo cheo de enfrontamentos en varias edicións da Champions, que dotaron este cruzamento dunha rivalidade particular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade