div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A miniserie documental 'Galicia e o segredo da lonxevidade' e a serie italiana 'Todo o mundo é perfecto', lanzamentos da semana en AGalega.gal

Os usuarios da plataforma tamén poderán ver estes días as películas ‘Lola e os seus irmáns’ e ‘Tenor’

csag.gal 16/12/2025 11:10

Santiago, 16.12.2025.-    AGalega.gal reforza esta semana a súa oferta con múltiples estreas. Unha delas é a miniserie documental galega ‘Galicia e o segredo da lonxevidade’, que chegará á plataforma da CSAG este mércores. A obra busca responder á pregunta de por que Galicia conta cun número tan elevado de persoas centenarias, e afonda nos factores que poden favorecer unha mellor calidade de vida. Trátase, pois, dun retrato  sobre o enigma da lonxevidade galega.

O xoves a novidade será ‘Lola e os seus irmáns’, unha comedia francesa sobre tres irmáns tan diferentes como inseparables. Entre vodas, divorcios, novas relacións e problemas laborais, a familia enfróntase ás dificultades da vida con humor e afecto. O filme estará dispoñible durante 30 días.

Un dos grandes lanzamentos da semana, pensado para todos os públicos pola súa sensibilidade, humor e espírito inspirador, é a miniserie italiana ‘Todo o mundo é perfecto’, que se estreará o venres 19. A serie -en versión orixinal italiana subtitulada ao galego- segue a historia de Rick, un mozo con síndrome de Down decidido a atopar un traballo digno. A súa chegada a unha fábrica de chocolate, onde traballa un equipo diverso e creativo, marcará o inicio dunha aventura vital e romántica chea de emocións, amizade e afán de superación.

Ademais, AGalega.gal estreará o sábado 20 a película ‘Tenor’, que estará dispoñible durante 15 días. Conta a historia de Antoine, repartidor de sushi e rapeiro afeccionado, que ve como a súa vida dá un xiro inesperado ao descubrir un talento excepcional para a ópera. A súa relación cunha recoñecida profesora da Ópera de París lévao a explorar unha vocación inesperada mentres intenta conciliar dous mundos aparentemente irreconciliables. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade