div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A segunda xornada da Liga de fútbol protagoniza o ‘En xogo’ deste domingo

Na fin de semana, a G2 retransmite o Mundial de motocrós e as competicións de traiñeiras

csag.gal 22/08/2025 11:01

Santiago, 22.8.2025.-  Chega a segunda xornada do campionato de liga na Primeira e na Segunda división do fútbol español. O programa ‘En xogo’ ofrecerá a información máis completa o domingo, a partir das dez e media da noite, cos resumos dos encontros disputados polos equipos galegos: Mallorca-Celta e Deportivo-Burgos. Os espectadores da G2 poderán gozar das mellores xogadas comentadas polos exfutbolistas Roberto Lago e Dani Mallo, xunto a análise arbitral de Xabier Rodríguez Campos. 

Os telexornais da TVG ‘Bos días’, ‘Telexornal mediodía’ e ‘Telexornal serán’ tamén dedicarán nos seus espazos deportivos unha ampla información aos dous equipos galegos. O Celta viaxa a Palma onde agarda un rival, o Mallorca, que tamén comezou con derrota a temporada. Para o Dépor, a estrea en Riazor pode supoñer facer pleno de vitorias despois de sumar os tres primeiros puntos do curso en Granada.

Ademais da liga de fútbol, a televisión autonómica dará cobertura o sábado e o domingo ao calendario de traiñeiras e de motocrós. O sábado, desde as cinco e cuarto da tarde, os espectadores da segunda canle e da plataforma AGalega.gal poderán seguir a proba de Ondarroa correspondente a Liga ACT de traiñeiras, na que compiten as embarcacións galegas de Ares e Cabo de Cruz. O domingo, ás once e dez, a cita será en Getaria. A falta de cinco bandeiras, Cabo é o pechacancelas da clasificación e Ares ocupa a novena praza.

Por último, o Mundial de motocrós chega aos Países Baixos. O vigués Rubén Fernández foi sexto a semana pasada en Suecia e mantén a cuarta praza na clasificación. Desta volta, a G2 e AGalega.gal emitirán as dúas mangas en directo, a primeira ás dúas da tarde e a segunda ás cinco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade