A Televisión de Galicia retransmitirá os partidos do Baxi Ferrol na Eurocup - CSAG
A Televisión de Galicia retransmitirá os partidos do Baxi Ferrol na Eurocup
Desde este xoves, pola G2 e AGalega.gal

Santiago, 7.10.2025.- A segunda canle da Televisión de Galicia e a plataforma AGalega.gal retransmitirán todos os partidos do Baxi Ferrol na Eurocup de baloncesto feminino.
O primeiro dispútase este xoves ás nove e media da noite hora galega. O equipo departamental comeza a fase grupos visitando en Lisboa o Benfica.
O segundo chegará o mércores 15 de outubro ás oito e cuarto da tarde na Malata, coa estrea do equipo galego ante a súa afección fronte ao Ostrava de Chequia. O terceiro encontro que pechará a primeira volta xogarase o día 22 de outubro en Polonia, coa visita do Baxi Ferrol ao Sosnowiec ás seis da tarde.
A segunda parte da liguiña terá o seguinte calendario:
Mércores 29 de outubro: Baxi Ferrol-Benfica, ás oito e cuarto.
Mércores 5 de novembro: Ostrava-Baxi Ferrol, ás sete e cuarto da tarde.
Mércores 26 de novembro: Baxi Ferrol-Sosnowiec, ás oito e cuarto da tarde.