div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG estrea este sábado o programa 'Traballo Feito', co que Esthér Estévez e Gabi García asumen o reto de poñerse na pel de profesionais dos máis diversos oficios

Na primeira entrega (19:50 h), a xornalista e o influencer viaxarán ao Carballiño para demostrar quen dos dous domina mellor a delicada arte das flores

csag.gal 16/01/2026 18:30

Santiago, 16.01.2026.-    Este sábado aterra na TVG unha nova proposta para as tardes da fin de semana, o programa ‘Traballo Feito’, en que a xornalista Esther Estévez e o influencer Gabi García se enfrontarán cada día a un reto distinto, poñéndose na pel de profesionais de oficios moi diversos.     

Desde o primeiro momento ata o final da xornada, traballarán, aprenderán e descubrirán o lado máis humano de quen lles amosa o seu día a día. Iso si, non todo é colaboración, porque tamén é unha competición. Só quen mellor se adapte e complete os retos propios de cada profesión poderá dicir con orgullo a frase máis esperada: “traballo feito”.

Na primeira entrega, o programa viaxará ao Carballiño, unha vila coñecida pola súa visionaria arquitectura e por séculos de mestría na elaboración do polbo á feira. O reto consistirá en dominar a delicada e precisa arte das flores e para iso Esther e Gabi estarán baixo a atenta ollada do floreiro Tito Fernández, un profesional que ten moi claro o que quere e que non admite unha folla fóra do sitio. 

Baixo as ordes de Tito, os protagonistas terán que superar todas as tarefas que compoñen esta xornada chea de flores, con algún encargo sorpresa. Entre ramos, floreiros, centros de mesa, rosas e espiñas, ambos loitarán por demostrar quen ten máis arte, ou máis sorte, neste delicado oficio, pero só un dos dous poderá rematar a xornada coa satisfacción de deixar o ‘Traballo Feito’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade