div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG retransmitirá toda a pretemporada da volta do Celta a Europa

De Afouteza a Birmingham, a TVG e AGalega.gal acompañan o novo EuroCelta na súa xira de pretemporada cara ao soño europeo

Os partidos na TVG serán en Ultra Alta Definición e tamén poderán verse a través de AGalega.gal para toda España

crtvg.gal 09/07/2025 11:51

Santiago, 09.07.2025.-    O corazón do fútbol galego latexa con forza neste verán de 2025. A Televisión de Galicia e a plataforma dixital AGalega.gal emitirán, en directo, todos os encontros de pretemporada do novo EuroCelta, un equipo renovado que se prepara para escribir unha nova páxina no seu camiño por Europa.

Desde Afouteza ata Birmingham, pasando por Braga, Reutlingen e Zúric, a Galega levará a todos os fogares os primeiros pasos dos de Giráldez nesta pretemporada e na máxima calidade, xa que os partidos emitidos en TVG poderán verse en UHD (Ultra Alta Definición). Tamén se poderá gozar do fútbol do Celta en toda España, xa que serán retransmitidos pola plataforma AGalega.gal.

Este é o calendario de partidos confirmados:

1.- Primeiro alento do novo ciclo, na casa celeste:
Martes 15 de xullo, 18:00 h 
Celta-Famalicão, en Afouteza (Porta pechada) 

2.- O debut internacional fronte a unha potencia lusa:
Sábado 19 de xullo, 21:00 h 
Sporting de Braga-Celta, en Braga (Portugal)

3.- A engrenaxe celeste de novo na casa:
Martes 22 de xullo, 12:00 h 
Celta-C. D. Nacional Madeira, en Afouteza (Porta pechada)
A engrenaxe celeste afínase no silencio.

4.- Choque de tradicións no corazón de Europa:
Sábado 26 de xullo, 15:30 h 
VfB Stuttgart-Celta, en Reutlingen (Alemaña)

5.- Choque de precisión contra a maquinaria suíza:
 Martes 29 de xullo, 16:00 h 
 Grasshopper-Celta, en Zúric (Suíza)

6.- A última proba contra o fútbol luso:
Venres 1 de agosto, 21:00 h 
Vitória Guimarães-Celta, en Guimarães (Portugal)

7.- O epílogo da xesta preparatoria, en territorio Premier:
Sábado 9 de agosto, 16:00 h 
Wolverhampton Wanderers-Celta, en Birmingham (Reino Unido)

A Galega reitera así o seu compromiso inquebrantable co fútbol galego e co Celta na súa volta a Europa, garantindo unha cobertura íntegra, próxima e vibrante da pretempada máis ilusionante dos últimos tempos. A través da TVG e de AGalega.gal, a audiencia poderá vivir cada encontro coa máxima calidade de imaxe e son e coas mellores narracións na nosa lingua.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade