Adrián Martíns inicia en Lugo unha nova etapa de 'Domar o vento' rumbo a Mondoñedo - CSAG
Adrián Martíns inicia en Lugo unha nova etapa de 'Domar o vento' rumbo a Mondoñedo
A separación de bestas salvaxes, a tradición cabalar mindoniense e os reencontros polo camiño, entre as propostas deste martes

Santiago, 21.07.2026.- Nunha nova entrega da serie documental ‘Domar o vento’, o xinete e viaxeiro Adrián Martíns diríxese este martes cara a Mondoñedo. O aventureiro iniciará a súa ruta pola provincia de Lugo en Goiriz, participando na separación de bestas salvaxes co seu amigo Xabi. Continuará cara a Mondoñedo, onde descubrirá a tradición cabalar e coñecerá un oleiro que o acolle. En Lourenzá reencontrarase con vellos amigos antes de avanzar cara á costa.
Ao lombo dos seus cabalos de Pura Raza Galega, Farruco e Grelo, a viaxe de ‘Domar o vento’ parte do desafío de atravesar Galicia sen cartos nin tecnoloxía, dependendo unicamente da solidariedade e da axuda das persoas que vaia atopando polo camiño. Esta condición converte cada etapa nunha experiencia imprevisible, chea de encontros, historias de superación e formas de entender a vida que seguen formando parte da identidade do territorio.