div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

AGalega.gal retransmite esta fin de semana todos os partidos do primeiro Torneo Liga Futura Moeve

O Deportivo da Coruña é o único participante do fútbol galego neste campionato reservado á categoría alevín do fútbol feminino

csag.gal 10/06/2026 16:24

Santiago, 10.06.2026.-    A Liga F e o seu patrocinador principal presentaron o Torneo Liga Futura Moeve, a primeira competición alevín feminina impulsada por ambas entidades co obxectivo de fomentar o crecemento do fútbol feminino desde a base e crear novas oportunidades para as xeracións vindeiras. Na súa primeira edición, o Sevilla F. C. actúa como anfitrión, acollendo todas as fases na súa cidade deportiva José Ramón Cisneros Palacios.

A competición desenvolverase en tres xornadas. O venres 12 de xuño disputarase a fase de grupos, en que se definirán os oito equipos mellor clasificados que accederán aos cuartos de final. A partir do sábado 13 arrancarán os playoffs cara á gran final, onde se coñecerá a campioa do Torneo Liga Futura Moeve 2026. Os partidos comezarán ás 09.30 horas do venres.

Entre os equipos participantes figura o Deportivo da Coruña, que terá unha intensa axenda de xogo ao longo das tres xornadas. O cadro galego disputará os seguintes partidos na fase de grupos:

    • Venres 12 de xuño, 12.30 h: Deportivo da Coruña-Madrid CFF
    • Venres 12 de xuño, 19.00 h: Deportivo da Coruña-Atlético de Madrid
    • Sábado 13 de xuño, 10.00 h: Deportivo da Coruña-Badalona Women

A partir do sábado pola tarde e ao longo do domingo 14 de xuño, o Deportivo disputará ben a fase prata, ben a fase final, en función da súa clasificación na fase de grupos.

AGalega.gal retransmitirá en directo todos os partidos do torneo desde o venres ata a gran final do domingo. Os afeccionados e afeccionadas ao fútbol feminino galego poderán seguir cada encontro, sen excepción, a través da plataforma dixital da CSAG. A retransmisión do Torneo Liga Futura Moeve reforza o compromiso da Corporación co fútbol feminino de base e coa presenza do deporte galego en todas as competicións estatais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade