div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Arranca esta noite unha nova temporada do 'Land Rober Tunai Show' na Televisión de Galicia

O doutor Manuel Viso e o presentador da Galega Juan Fuentes, primeiros convidados estrela desta nova etapa, que sorprenderá con moitas novidades

csag.gal 11/09/2025 00:01

Santiago, 11.9.2025.-   Este xoves arranca unha nova temporada do ‘Land Rober Tunai Show’ e xa van doce! Non vai faltar a música e o humor e ademais recibirase ao doutor Manuel Viso e ao presentador Juan Fuentes nesta primeira entrega dunha temporada que promete moitas novidades...

Coma cada ano, o equipo de ficción achegará a realidade de novos personaxes aos que non lles faltará a retranca propia dos galegos! E como non, o público será un ano máis o noso mellor aliado. Van ser os protagonistas e moi atentos porque comeza un concurso que vai dar moito que falar!

Todo isto ás 21:45 horas con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Roi Méndez na Televisión de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade