div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

As emblemáticas cancións da artista Helena Bianco e do grupo Zapato Veloz soarán esta noite no escenario de 'Luar'

O programa (21:40 h) tamén ofrecerá as actuacións da banda galega de rock Mar de Fondo, da orquestra Kubo, da Rondalla Nas Ondas do Mar e de Virginia, gañadora da última edición da ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’

csag.gal 13/03/2026 02:00

Santiago, 13.03.2026.-    O programa ‘Luar’ recibirá este venres a visita da cantante e compositora Helena Bianco, historia da música pop nacional. A voz de cancións que marcaron toda unha época e varias xeracións desde finais dos 60, cando debutou co grupo Los Mismos, leva seis décadas sobre os escenarios, as últimas en solitario. Aínda que a verdadeira soidade non a coñeceu ata a perda do seu home e compañeiro, dentro e fóra do escenario, Guillermo Antón, a quen lle dedica a súa nova canción, ‘Renazco en mí’, que hoxe lles presentará aos espectadores galegos. 

Outras voces míticas que esta noite soarán no escenario serán as dos integrantes do trío Zapato Veloz, que alcanzou gran notoriedade a comezos dos anos 90 por tratar temas da xuventude da época, a política ou a actualidade do momento. O público de ‘Luar’ bailará hoxe ao son das súas icónicas cancións, como ‘Tengo un tractor amarillo’ e ‘Hay un gallego en la Luna’.

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar tamén ofrecerá a actuación da banda galega de rock Mar de Fondo, que presentará ‘Percebeiro’, o segundo adianto do seu novo disco, que verá luz o vindeiro mes de abril. Trátase dunha das pezas máis ambiciosas na traxectoria do grupo, realizada en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Tras a publicación de ‘Bailando con las ratas’, a banda continúa desvelando o universo emocional e sonoro dun álbum que reforza a súa identidade rock, nesta ocasión co mar como territorio vital e emocional.

‘Luar’ completa esta noite as súas propostas musicais coa Rondalla Nas Ondas do Mar, de Ferrol, coa Orquestra Kubo e con Virginia, gañadora da última edición da ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’, que interpetará ‘Lela’, un dos temas máis emblemáticos da música tradicional galega.

Finalmente, no tempo do concurso de talentos ‘Recantos’, hoxe será a quenda para as actuacións de Tami Madoy, procedente do Baixo Miño, e de Lamar, representante da comarca Noia-Barbanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade