div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Concurso Radio Galega

Admin Admin 13/07/2023 10:08

DESCRICIÓN

CORPORACIÓN DE RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A., domiciliada en Bando - San Marcos s/n (Santiago de Compostela) e con C.I.F. A-15073349 , organiza un sorteo denominado Pack composto de 2 Spa Vip entre os ouvintes do programa Galicia por Diante que se desenvolverá de conformidade coas seguintes bases.

FINALIDADE DO SORTEO

O sorteo ten como finalidade incentivar e fidelizar a participación dos ouvintes na Radio Galega.

NORMAS APLICABLES

O sorteo réxese polas presentes bases, accesibles na dirección www.crtvg.es. O mero feito da participación implica a aceptación incondicional das mesmas.
A Radio Galega resérvase o dereito para expulsar, en calquera momento do sorteo ao concursante que non cumpra coas bases legais.

LEXITIMACIÓN PARA PARTICIPAR

Poderán participar no Concurso todas aquelas persoas, maiores de 18 anos ou maiores de 16 que se atopen emancipados, que residan legalmente dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que posúan DNI ou pasaporte vixente en caso de ser españois ou NIE e permiso de residencias vixentes en caso de ser estranxeiros.
Non poderán participar no sorteo os traballadores de CRTVG, das empresas que presten os seus servizos á CRTVG, nin os familiares dos devanditos traballadores ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (incluídas as parellas de feito). Tampouco poderán participar aquelas persoas que manteñan relacións de amizade cos traballadores vinculados ao sorteo que teñan capacidade de decisión sobre o mesmo.
O incumprimento destas condicións dará lugar á eliminación automática do concursante e á obrigación de devolver o premio obtido no seu caso.

 CLAÚSULAS XERAIS

3.1.- Mecánica do sorteo

Os presentadores do programa incentivarán que a audiencia participe na sección a través dunha chamada telefónica ao número que comunique o presentador ou o medio que se defina (redes sociais, mensaxes de WhatsApp, etc.).
O concursante non poderá, en ningún caso, promocionar ningún servizo ou produto, nin tampouco poderá utilizar unha linguaxe inapropiada, nin groserías, ou realizar declaracións inxuriosas, calumniosas ou dicir calquera cousa que puidese ofender ou ferir a unha persoa, empresa ou entidade. O concursante acepta que soamente el será responsable das consecuencias dos seus actos ou as súas palabras mentres participe no programa.
O gañador ten dereito a renunciar ó premio gañado pero non poderá, en ningún caso, cambialo por outro distinto.
Cada participante que sexa agraciado non poderá volver a participar, neste concurso, durante un período de tres meses desde a data na que se lle conceda o premio.
A CRTVG, antes da entrega do premio, solicitará a acreditación de que se cumpren os requisitos para participar.

3.2.- Premios

No caso de que o concursante gañase algún premio “CRTVG” esixirá como requisito previo á súa entrega:
A acreditación da identidade do gañador, a cuxo fin este deberá achegar o seu DNI/ NIE e teléfono de contacto.
Os premios caducarán cando transcorridos cento oitenta días, contados a partir do día seguinte á data do “Concurso” no que se produciu a participación premiada, se o gañador non cumprise os requisitos necesarios para poder obter o premio sendo requirido para iso pola “CRTVG”.
Conforme á normativa fiscal vixente, os premios están suxeitos a retención e ingreso a conta polo IRPF, cando así o requira. Remitirase ao gañador un certificado do premio e, no seu caso, da retención aplicada para que este poida incluílo na súa declaración anual de IRPF.

3.3.- Protección de datos de carácter persoal

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento do concurso. Informámoslle de que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos os casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.

3.4.- Modificación de Bases

A “CRTVG” resérvase o dereito de retirar ou cambiar o “Concurso” por motivos técnicos, operativos, comerciais, ou de audiencia, modificando no necesario as presentes Bases.

3.5.- Aceptación das Bases e Lexislación Aplicable

A participación no “Concurso” supón a aceptación expresa das presentes bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas efectúe a dirección do programa, cuxo criterio prevalecerá.
Serán competentes para coñecer os litixios que puidesen exporse os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela, renunciando expresamente os participantes ao foro que lle puidese corresponder.

3.6.- Atención de Reclamacións

O concursante poderá efectuar as súas reclamacións en relación co concurso por calquera destas vías:

  • Por escrito, mediante escrito enviado a CRTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela).

  • A través da web da cadea CRTVG onde se promocione o Concurso: www.crtvg.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade