div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Fonsi Nieto, Belinda Washington e Gemeliers, na nova sesión de humor desta noite en 'Por Rober abandónasme no verán'

Ignacio Rivera, Isabel Aaiún e Carmen de Castro son outros dos protagonistas desta entrega maratoniana que presenta Roberto Vilar na TVG

csag.gal 03/09/2026 00:01

Santiago, 3.9.2026.-    Novas entregas este xoves á noite na TVG de ‘Por Rober abandónasme no verán’, cunha selección dos momentos máis divertidos do universo de Roberto Vilar, con sketchs e artistas moi coñecidos. 

A sesión arrinca cun sketch arredor das baixas laborais e a febre do pádel, antes de recibir a visita de Ignacio Rivera, presidente executivo de Corporación Hijos de Rivera e unha das figuras empresariais máis destacadas de Galicia. A continuación, o expiloto de motociclismo Fonsi Nieto sométese a unha peculiar entrevista en que catro señoras intentan adiviñar a súa identidade.

A noite continúa coa presenza da cantante Isabel Aaiún, fenómeno musical dos últimos anos, que conversa con Roberto Vilar e interpreta o tema ‘Joseto, he visto dragones’. Tamén haberá espazo para Belinda Washington, actriz, presentadora e unha das caras moi coñecida da televisión estatal, que participa nunha entrevista chea de anécdotas e no xogo ‘Galicia ou non?’, acompañada por Eva Iglesias.

Entre os contidos da xornada destaca tamén a conversa con Carmen de Castro, pilota de avión cunha destacada traxectoria profesional. O peche da noite traerá a  actuación musical de Gemeliers, o popular dúo sevillano formado polos irmáns Jesús e Daniel Oviedo, que interpretan o seu tema ‘Nudito’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade