Na viaxe á Fonsagrada de 'Palmira Lará', Miguel e Leticia aprenderano todo sobre a trompa - CSAG
Na viaxe á Fonsagrada de 'Palmira Lará', Miguel e Leticia aprenderano todo sobre a trompa
O programa contará hoxe coa participación do actor Fran Nogueira, que está moi interesado en aprender a arte dos bailadores de Navia de Suarna

Santiago, 29.6.2026.- Na entrega desta semana de ‘Palmira Lará’ (22:45 h), Miguel Lesta e Leticia Rei continuarán a súa viaxe, montados en furgoneta, polas aldeas, vilas e cidades galegas para coñecer as vidas e as historias da xente que mantivo viva a tradición.
Nesta ocasión, Miguel convencerá a Leticia para visitar un tocador de trompa galega na Fonsagrada e aprendelo todo sobre o instrumento. Nesta viaxe tamén aproveitarán para reencontrarse co seu amigo Adrián, que lles vai descubrir todo o traballo que hai detrás da foliada que organizan alí en decembro.
Ao día seguinte, os protagonistas de ‘Palmira Lará’ irán ao encontro do actor Fran Nogueira, que está moi interesado en aprender a arte dos bailadores de Navia de Suarna.
