div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Noite complexa en 'A liga dos cantantes extraordinarios', coas miras dos concursantes postas na semifinal

Programa cheo de emocións e con actuacións moi rifadas (21:55 h)

csag.gal 17/01/2026 00:01

Santiago, 17.1.2026.-   Ás portas da semifinal, os concursantes de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ queren dalo todo este sábado no escenario pero para algún esta noite vai ser complicada. Arrinca o programa co arranxo musical de ‘A Santiago vou’ e cunha bonita posta en escena do corpo de baile. 

O dúo de Yey e David cantando ‘A puro dolor’ provocará o momento máis controvertido do programa. Virginia un programa máis destacará no escenario con ‘Loca’ de Luz Casal. Carlos protagoniza un dos mellores momentos da noite coa súa interpretación de ‘Escándalo’. Lucía que loce esta noite vestiario cedido polo seu padriño da orquestra Panorama salta a dalo todo con ‘Uh nana’, a canción máis complicada da noite e seguramente desta temporada. Diego, o concursante de Lugo, transfórmase unha vez máis no ‘Maluma galego’ e canta ‘Felices los 4’. Pecha a ronda de cancións María, que interpreta ‘Self control’, para o que cambiará o seu rexistro no concurso ata o momento. 

Unha noite chea de emocións que se acrecentan cando o equipo do programa decide homenaxear a Blas. Compoñentes e excompoñentes da París de Noia súmanse a este tributo que fai chorar de emoción a Blas. Roi canta por primeira vez unha rancheira composta para a ocasión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade