div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O actor Fran Nogueira presenta desde este domingo 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario da TVG, con 6.000 euros en xogo

Tres equipos competirán cada día con coñecementos, enxeño e estratexia para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa

crtvg.gal 12/07/2025 16:00

Santiago, 12.07.2025.-    Televisión de Galicia estrea este domingo o seu novo concurso ‘Eu sei + ca ti’ (22:05 h), presentado polo actor ferrolán Fran Nogueira. Un formato diario, de domingo a xoves, que dará paso prime time da Galega cunha mestura explosiva de coñecemento, emoción e xogo competitivo, cun grande obxectivo final: abrir a caixa forte e levar os 6.000 euros do bote.

En cada programa, tres equipos de tres participantes cada un enfróntanse nunha serie de fases que combinan preguntas, probas e desafíos de enxeño. A clave do éxito non está só en acertar máis, senón en saber xogar mellor: os equipos deben ir desvelando os números da combinación que abre a caixa forte, pero só un deles chegará á gran final con opcións de facelo.

O sistema de xogo manterá enganchado o público día tras día, xa que os equipos permanecen no programa durante cinco emisións consecutivas, competindo polo trono de campións. Cada día hai un premio directo de 200 euros para o equipo finalista, e a posibilidade de gañar o bote fixo de 6.000 euros se conseguen descifrar o código secreto. Se non o logran, o premio permanece intacto para o seguinte programa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade