div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

O 'Atrápame se podes' da Televisión de Galicia recolle o Premio Iris ao Mellor Programa Autonómico 2024

O presentador, Paco Lodeiro, recibiu este galardón co que a Academia de Televisión recoñece a calidade e éxito deste concurso familiar
 
O formato, con versións en case todas as canles autonómicas, estreouse en 2021 na TVG e leva repartido máis de 320.000 euros en premios

crtvg.gal 15/01/2025 13:35

Santiago, 15.01.2025.-    O programa ‘Atrápame se podes’, emitido pola Televisión de Galicia, recolleu onte o Premio Iris ao Mellor Programa Autonómico 2024, outorgado pola Academia de Televisión e das Ciencias e das Artes do Audiovisual. En representación da TVG, Paco Lodeiro, así como os presentadores das distintas versións do concurso, recibiron esta distinción coa que o organismo recoñeceu a calidade e éxito deste concurso familiar, con versións en case todas as canles autonómicas e destacados premios económicos. 

A Academia de Televisión destacou este formato, consolidado en once canles autonómicas, como un dos espazos favoritos da audiencia. Na concesión deste premio tamén se salientou que no concurso cultural teñen moito peso os contidos autonómicos propios, con preguntas sobre a historia, o deporte, a música, a política e a cultura de cada comunidade en que se emite. 

O concurso, presentado por Paco Lodeiro na Televisión de Galicia, combina humor, cultura xeral e a participación activa dos concursantes, logrando cativar tanto a espectadores de todas as idades como a crítica especializada. Desde a súa estrea en  2021, o espazo das noites da TVG leva repartida unha cantidade de diñeiro que supera os 320.000 € a máis de 780 participantes no concurso ordinario, tanto a través dos tres botes gañados coma dos premios diarios de 200 euros, que levan aqueles concursantes que completan a escaleira antes que o rival, aínda fallando algunha das cinco preguntas finais. Cómpre salientar que no tempo que leva en antena, o ‘Atrápame se podes’ entregou o maior premio na historia da TVG, consistente en 101.800 euros. 

Concedéronse tamén outros galardóns autonómicos, como o de Mellor Presentador Autonómico a Manu Sánchez, por ‘Somos música’ (Canal Sur). A entrega do premio tivo lugar no Gran Teatro Caixabank Príncipe Pío en Madrid, nunha gala que reuniu os principais profesionais do sector audiovisual español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade