div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O Baxi Ferrol-Sosnowiec de Polonia pecha este mércores na  G2 e AGalega.gal a primeira fase da Eurocup de baloncesto

O partido comeza ás oito e cuarto do serán, no pavillón da Malata

csag.gal 25/11/2025 11:42

Santiago, 25.11.2025.-  Co mes de novembro remata a primeira fase da Eurocup Women de baloncesto. O Baxi Ferrol ten asegurada a clasificación para as eliminatorias decisivas, pero para acceder como primeiro de grupo necesita non perder por máis de sete puntos ante o Zaglebie Sosnowiec de Polonia. Na primeira volta, o equipo departamental gañou por 83-90 nun partido que se decidiu no último cuarto. 

A segunda canle da Televisión de Galicia e a plataforma AGalega.gal retransmiten a partir das oito e cuarto do serán deste mércores a sexta cita do calendario continental. Patricia Rodríguez Juste encargarase da narración do xogo, cos comentarios técnicos do especialista Edgar Paz.

O Baxi Ferrol é o líder sólido do grupo K da Eurocup Women, con cinco vitorias noutros tantos encontros. As polacas, mentres, teñen un triunfo menos xa que o único no que caeron foi ante a escuadra que prepara Lino López.                                                                                               

A temporada do conxunto galego en Europa é ata o momento espectacular, pero na Liga española non acaba de funcionar. A última derrota, a cuarta da temporada, déixao na décima praza da clasificación con tan só tres triunfos.

O Baxi Ferrol-Sosnowiec abre este mércores as retransmisións deportivas da semana. A seguinte será o sábado, ás catro e cuarto da tarde desde Lezama e pola G2, coa visita do Club Deportivo Lugo ao filial do Athlétic de Bilbao. A primeira canle emitirá ás seis e media, desde o Carlos Belmonte, o partido do líder da Segunda División, o Deportivo da Coruña, ante o Albacete.

A plataforma AGalega.gal reserva para a tarde do domingo o fútbol da Segunda Federación. Os afeccionados poderán vivir de xeito exclusivo e no formato multifútbol, a partir das cinco da tarde, o derbi na Ribela entre a Sarriana e o Fabril Deportivo xunto ao Bergantiños-Oviedo Vetusta no campo das Eiroas.

                                                                                                                      

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade