div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O ‘Galicia en goles’ centra a fin de semana na fase de ascenso do Básquet Coruña á Liga ACB e no Celta Fortuna-Europa de fútbol

Do venres ao domingo, a Radio Galega e AGalegaAudio.gal dedican 25 horas ás retransmisións deportivas

csag.gal 04/06/2026 11:25

Santiago, 4.6.2026.-   A Radio Galega e AGalegaAudio.gal inician a fin de semana deportiva na noite de venres cunha ampla análise á primeira semifinal de ascenso á Liga ACB que se disputará o sábado entre o Básquet Coruña e o Palencia. ‘Galicia en goles’ ofrecerá declaracións de protagonistas, conexións en directo desde A Coruña e entrevistas aos afeccionados máis fieis do club. Tamén na noite do venres o programa estará pendente do terceiro partido da semifinal de OK Liga entre o Parlem Calafell e o Deportivo Liceo. O equipo de Juan Copa chega a esta cita con dúas vitorias da vantaxe, a só unha de repetir final polo campionato.

O sábado, desde as dúas e cuarto da tarde, Roberto Carlos Carballo conducirá unha edición na que boa parte da atención estará posta no Basquet Coruña-Palencia de baloncesto. O Coliseum estará ateigado con máis de nove mil afeccionados nas bancadas para vivir unha fin de semana na que só un dos catro participantes logrará o éxito do ascenso. Durante a tarde haberá tempo para as semifinais do torneo de fútbol base Ourense Provincial Termal desde O Couto. O cartel conta con grandes canteiras do fútbol nacional: Real Madrid, Atlético de Madrid e Celta xunto ao equipo anfitrión, o Pabellón C. F. Outra cita destacada e o fútbol integración co amigable entre o Celta e o Deportivo dentro do trofeo que organiza Míchel Salgado. O exfutbolista di que este é "o partido máis bonito do torneo, un símbolo de que o deporte é de todos".

O motor estará presente coa celebración do Rally de Pontevedra, cita puntuable para o campionato galego, con tres treitos habilitados e dúas pasadas cronometradas a cada un deles. Un total de 140 pilotos participarán nesta oitava edición organizada pola Escudería Congostra Team Sanxenxo.

Xa o domingo, a edición matinal xirará arredor a final do torneo de fútbol base de Ourense a partir das doce do mediodía. Desde as dúas e cuarto, Balaídos centrará a xornada da tarde co desenlace da semifinal polo ascenso á Segunda División profesional entre o Celta Fortuna e o Europa de Barcelona. O empate a un gol dálle o papel de favorito ao equipo de Fredi, que se accede á final enfrontarase ao vencedor da eliminatoria Atlético de Madrid B-Ponferradina.

Ao remate da cita de Balaídos chegará a volta da final galega polo ascenso á Segunda RFEF entre o Compostela e o Arteixo, con vantaxe para os visitantes por 2-1 tras os primeiros noventa minutos da eliminatoria. Ao santiagueses abóndalles con vencer por un gol tras 120 minutos de xogo no Vero Boquete para acceder a rolda definitiva en que coincidirá co campión de Cataluña.

O fútbol máis modesto tamén terá oco no ‘Galicia en goles’ cos catro encontros de volta dos cuartos de final polo ascenso á Terceira RFEF: Betanzos-Antela, Atios-San Tirso, Portonovo-Ordes e Negreira-Lemos.

#GaliciaEnXogo

O domingo, ao remate da xornada futbolística, o equipo de deportes da Radio Galega reúne na última hora a outros protagonistas do deporte. Ás once, Rodrigo Pérez resume no tempo do motor o sucedido no Rally de Pontevedra e ás once e media Toni López convida no espazo olímpico ao taekwondista Iván García e a nadadora artística Daniela Suárez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade