div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

O 'Galicia en Goles' da Radio Galega continúa durante o verán, con espazos informativos na fin de semana

Os sábados, o proxecto #GaliciaEnXogo dálles voz ao mundo do motor e aos deportistas olímpicos e paralímpicos

crtvg.gal 03/07/2025 17:00

Santiago, 03.07.2025.-    A programación deportiva da Radio Galega continúa durante as fins de semana do verán. Os venres, ás 22:00 h, a primeira edición da semana analizará todo o calendario programado para o sábado e o domingo nas distintas disciplinas náuticas. Xa o sábado, ás 14:15 e ás 20:00 h, o programa ‘Galicia en Goles’ falará cos principais protagonistas. 

Este sábado a atención estará posta no Rally Rías Baixas que remata en Vigo, na primeira bandeira da Liga ACT de traíñas en Bilbao, coa participación de Ares e Cabo de Cruz, e na segunda semana de competición na Liga Galega, desta volta en Mugardos. O Mundial de Clubs, o comezo do Tour de Francia e o Campionato Galego de Natación en Pontevedra completarán a axenda da xornada.

#GaliciaEnXogo tampouco ten parada durante o verán e o sábado ás 23:00 h Rodrigo Pérez dedicará o tempo do motor ao sucedido no Rally Rías Baixas, mentres Toni López repasará a partir das 23:30 h o máis importante da semana na preparación dos deportistas galegos para os Xogos dos Ánxeles 2028.

Xa o domingo, as dúas edicións de ‘Galicia en Goles’ mirarán a clásica Subida Ao Ézaro, na que este ano participan Purito González e Samuel Sánchez, entre outros históricos do ciclismo. A clausura do Campionato Galego de Natación, as traíñas ACT e Liga Galega en Sestao e Muros, respectivamente, e os cuartos de final do Mundial de Clubs serán os outros argumentos informativos.

Durante o verán, a programación deportiva da Radio Galega complétase coas emisións de ‘Ao Contraataque’, de domingo a xoves ás 22:00 h, e ‘A Crónica’, de luns a venres a partir das 14:30 h.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade