div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O público de Culturgal poderá coñecer os contidos de AGalega.gal e aprender a presentar un informativo

As persoas que se acheguen ao expositor da CSAG vivirán a experiencia de poñerse diante da cámara e probar como se senten ao presentar as noticias 

A plataforma dixital AGalega.gal emitirá o programa completo de charlas e entrevistas da feira, os tres días, de 13:30 a 16:30 h

csag.gal 27/11/2025 11:18

Santiago, 27.11.2025.-     A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia volve ter presenza destacada en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, do venres 28 ao domingo 30 no Pazo da Cultura de Pontevedra. A CSAG convida o público a converterse por uns minutos en presentadores dun Telexornal da TVG, lendo a cámara noticias reais e vendo o resultado na pantalla. Ademais, no expositor dos medios públicos poderanse descubrir as novidades das plataformas dixitais AGalega.gal, Xabarin.gal e AGalegaAudio.gal.

A feira será amplamente recollida polos servizos informativos da TVG e da Radio Galega. O director do Culturgal, Camilo Franco, será entrevistado este xoves no programa cultural da TVG, ‘Zigzag’, e tamén falará con Ana Romaní para o podcast do espazo ‘Diario Cultural’. Esta entrevista, xunto á do músico Magín Blanco, que regresa ao Culturgal con música para adultos, estarán dispoñibles en AGalegaAudio.gal e tamén serán emitidas no ‘Diario cultural’ o sábado ás 08:00 h. Ademais, o programa ‘Galicia por Diante Fin de Semana’ visitará en directo a feira o sábado para achegarlles aos oíntes o máis destacado da xornada.

A plataforma dixital dos medios públicos, AGalega.gal, emitirá en directo o sinal de Culturgal TV coas entrevistas que teñen lugar no set da feira, os tres días de 13:30 a 16:30 h. Entre elas, as conversas con Suso de Toro, Paula Cons, Miguelanxo Prado, Fran Alonso, Lidia Veiga, Faia Díaz, Felisa Segade, Arturo Lezcano, A Pedreira, Kiko da Silva ou Fran Sieira.

A maiores, AGalega.gal conta cunha sección que recupera momentos destacados de edicións anteriores da feira, que celebra este ano a súa convocataria nº 18 cun amplo programa de citas culturais, entre espectáculos, proxeccións, presentacións, obradoiros, mesas redondas e adiantos exclusivos dos proxectos que chegarán ás librarías, aos teatros e ás pantallas nos vindeiros meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade