div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O programa 'Expediente oculto' ofrece este luns documentos exclusivos do coñecido como o parricidio de Muros

O espazo presentado por Patricia Abet tamén analizará conflitos familiares que acaban nos tribunais

csag.gal 02/11/2026 00:01

Santiago, 02.11.2026.-  O parricidio de Muros, en que un mozo matou o seu pai e inventou a presenza de dous encapuchados, ocupará esta semana o tempo do programa ‘Expediente Oculto’ (22:45 h), que ofrecerá documentos exclusivos e moi impactantes deste caso. 

O de hoxe é un deses crimes en que a escena fala por si soa. Nun escenario terrorífico, cun pai morto e un fillo cun relato que non cadra, desenvolveuse un traballo policial en que ameazas, armas e moitas probas incontestables acabaron por cercar e condenar un parricida de só 19 anos, un criminal moi novo que debutou cun dos crimes máis antinatura que se poden atopar.

A raíz deste caso, o espazo presentado por Patricia Abet analizará conflitos familiares que acaban nos tribunais, con 2.500 condenas o ano pasado en Galicia. Como exemplo, nunha investigación inédita, ‘Expediente Oculto’ entrará na casa dunha avoa e a súa neta, en que os coitelos literalmente voan.

Xosé Antonio Vázquez Taín, Elena Villanueva, Jorge Sobral, Isolino Sánchez e Antón López serán os convidados que estarán este luns na mesa do programa para analizar estes casos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade