div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O programa 'Latitude galega' desprázase hoxe aos Emiratos Árabes para coñecer a cidade de Dubai

Con 3,5 millóns de habitantes, naceu da nada no medio do deserto para converterse nun dos centros empresariais máis importantes do mundo, e destaca polos seus rañaceos

 

csag.gal 30/12/2025 00:01

Santiago, 30.12.2025.-  Dubai é esta semana o destino do programa de viaxes ‘Latitude Galega’ (22:40 h). Esta cidade emiratí de 3,5 millóns de habitantes naceu da nada no medio do deserto para converterse nun dos centros empresariais máis importantes do mundo. 

Os espectadores da TVG poderán coñecer o máis salientable desta espectacular cidade, en que destacan as súas illas artificiais, a súa Dubai Marina, os centros comerciais e os rañaceos, entre os que se atopa o máis alto do mundo, o Burj Khalifa.

O reporteiro Perico Balado coñecerá Dubai da man de cinco galegos: Martín, un xestor clínico de Ourense; Izaskun, unha produtora de Corcubión; Cris, un profesor de pádel da Coruña; Carlos, un responsable de vendas de Vigo; e Alejandro, un auxiliar de voo da Coruña. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade