div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Outro superdomingo de 'Galicia en Goles' na Radio Galega, cos partidos Real Madrid-Celta e Deportivo-Castellón

O sábado pola noite, os oíntes poderán seguir a retransmisión do Xirona-Breogán da Liga ACB de baloncesto

csag.gal 05/12/2025 11:38

Santiago, 05.12.2025.-    Esta fin de semana tan festiva presenta unha atractiva programación de deportes na Radio Galega. O venres, a partir das 20:30 h, continúa o ‘Galicia en Goles’ que comezou o martes coa Copa do Rei para regresar ás competicións de liga e analizar o calendario cos principais protagonistas.

O sábado, a partir das 14:15 h, a atención estará posta no fútbol da Primeira RFEF. Destaca en Balaídos o derbi provincial entre o Celta Fortuna e o Pontevedra, e o Cacereño-Rácing de Ferrol no Príncipe Felipe. Haberá ademais varios encontros adiantados da Terceira, xunto ao Noia-Barcelona de fútbol sala e o Cangas-Granollers de balonmán. O baloncesto tamén terá presenza, primeiro coa Liga da Federación e os encontros Obradoiro-Fuenlabrada e Ourense-Melilla. Xa pola noite, o protagonismo será para a Liga ACB e a visita do Breogán a Fontajau para medirse co Xirona.

Xa o domingo, a edición matinal comezará ás 12:00 h. No fútbol destacan o Arenteiro-Talavera e o Mérida-Ourense, da Primeira RFEF, xunto a tres citas da Segunda RFEF: Bergantiños-Segoviana, Fabril-Marino e Coruxo-Ávila. A sesión complétase co Básquet Coruña-Palencia no Coliseum, pechando a xornada da Primeira Federación de baloncesto.

O superdomingo continuará a partir das 14:15 h e ata a medianoite. Primeiro, co Deportivo-Castellón desde Riazor, onde o líder da Segunda División recibe un rival que acaba de derrotar a Unión Deportiva Las Palmas. Logo chegará no Santiago Bernabéu o Real Madrid-Celta de Vigo, con dous equipos que non atravesan polo mellor momento do curso. Así e todo, o equipo celeste funciona mellor a domicilio que en Balaídos e viaxa disposto a ofrecer a mellor versión do curso. A emisión prolongarase ata as 00:00 h para escoitar tras o xogo os adestradores Claudio Giráldez e Xabi Alonso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade