div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Responsables dos arquivos das televisións autonómicas debaten sobre o impacto da intelixencia artificial

A sede da Corporación de Servizos Audiovisuais (CSAG) en San Marcos acolle unha xornada de traballo da comisión de documentación da FORTA

Visita dos responsables dos Arquivos das canles autonómicas aos platós da Televisión de Galicia. Visita dos responsables dos Arquivos das canles autonómicas aos platós da Televisión de Galicia.
csag.gal 30/10/2025 12:00

Santiago, 30.10.2025.-   Responsables dos arquivos e centros de documentación das distintas canles autonómicas reunidas en FORTA participan este xoves na xornada de traballo ‘Televisión e memoria dixital: arquivos audiovisuais na era da intelixencia artificial’, en Santiago.

A CSAG acolle a celebración da comisión de documentación da FORTA nun encontro en que se analiza o impacto da intelixencia artificial nos procesos de xestión e preservación audiovisual. Na reunión están representados os medios públicos autonómicos de Cataluña, Castela-A Mancha, Illas Baleares, Madrid, Principado de Asturias, Comunidade Valenciana, Murcia e Galicia.

Ademais, a xornada inclúe unha visita ao arquivo da CSAG, en plena fase de dixitalización, e ás redaccións da TVG e da Radio Galega. Entre os temas de traballo, estanse a poñer en común as ferramentas de intelixencia artificial que os distintos medios testan e analizan para o tratamento e conservación dos materiais audiovisuais.

A IA está chamada a revolucionar a documentación en todos os seus ámbitos, desde a análise de contido ata a propia restauración dos documentos e nese proceso o persoal documentalista desenvolverá un papel clave, como garante da calidade dos datos e contidos. A súa participación nos procesos de adestramento, selección e validación dos sistemas permitirá mellorar a eficiencia e a calidade do conxunto dos arquivos audiovisuais das televisións públicas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade