div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Trepidante competición esta noite na 'Sala G', onde os artistas de sempre se enfrontan á frescura do equipo 'Todxs'

Diversión e música sobre un escenario ao que subirá Silvia Superstar, Pili Pampín, Ortiga, A Roda, Alba Navarro, Capitán Sabrosura, Awa Fami, Gface, Xurxo Fernandes e Pan Sen Fran, entre outros 
 

csag.gal 21/08/2026 00:01

Santiago, 21.8.2026.-    Arturo Fernández ponse unha noite máis á fronte do concurso da ‘Sala G’ (21:40 h), unha nova proposta cargada de música e humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, coa vantaxe de combinar lembranzas con actuacións en directo. Nesta ocasión, ‘Sala G’ acollerá a competición dun equipo de lenda, ‘Os de sempre’, os cantantes que fixeron grande á música galega, tanto tradicional como contemporánea, contra ‘Todxs’, unha escuadra fresca, divertida e sen medo a nada.

Os artistas que destacaron interpretando ou compoñendo a nosa música, cada un no seu xénero, chegan hoxe á ‘Sala G’ para demostrar que son máis fortes e mellores que a competencia. A sempre moderna Silvia Superstar encabezará un equipo con artistas da altura de Ortiga, Alba Navarro, A Roda e As Pampín Girls

Pola súa parte, o talentoso ‘Todxs’ contará con Manuel DeAndrade como capitán dun equipo, en que tamén sobresairán Capitán Sabrosura, Awa Fami, Gface, Laura Añón, Xurxo Fernandes e Pan Sen Fran

Unha noite de alta tensión, en que os aspirantes se someterán a variados retos, como a competición para elixir a súper voz feminina, o baile con máis ritmo, o poderío vogal ou a mellor bachata, entre outros. A defensora da audiencia, Carla Núñez, tomaralle durante toda a emisión o pulso ao público que, como sempre, será soberano e decidirá cal é a proposta gañadora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade