Un amor a proba de orquestra, o de Tania e Manu, protagonista esta noite en 'Casamos!' - CSAG
Un amor a proba de orquestra, o de Tania e Manu, protagonista esta noite en 'Casamos!'
Renovarán os seus votos despois de dez anos de matrimonio, durante os que tiveron que atravesar momentos complicados que puxeron a proba o seu amor

csag.gal
15/09/2025 02:00
Santiago, 15.09.2025.- Esta noite, en ‘Casamos!’ (22:35 h), Tania e Manu renovarán os seus votos despois de dez anos de matrimonio. Durante a súa vida en común, a parella tivo que atravesar varios momentos complicados que puxeron a proba o seu amor. Tania e Manu dirixen e forman parte do grupo Galia e o feito de pasar as 24 horas do día xuntos tampouco axuda a relación.
Cos espectadores da Televisión de Galicia como testemuñas, a parella pasará de novo polo altar para selar a súa unión ante os seus seres queridos nunha voda que será moi emocionante.